Crise e subvencións

Aí tedes un par de vídeos interesantes

Parte I

Parte II

Moito político, moita lei ¿para qué?

Hoxe atopamos estes videos en YouTube sobre Pepiño Blanco, 1 sobre VillaPsoe e o outro….mirade vós mesmos.

Villa PSOE

Pepiño corre moito

Pepiño vas ter que andar con máis tino que hoxe todo dios ten cámaras e logo pasa o que pasa.

Pepe Blanco podería ter un chalet construido de xeito ilegal.

Segundo nova aparecida en El Correo Gallego, o super coñecido Pepe Blanco tería un chalet feito de xeito ilegal na Illa de Arousa.

Se é certo iso, pois menudo exemplo. Para quen non o saiba Pepiño Blanco é o famoso político do PSOE que non tendo estudios superiores está aí de manda máis. Para que logo digan que estudiar server para algo. Basta con saber contar mentiras piadosas.

Segundo a asociación Cafines o chalet de Pepe Blanco está construido de xeito ilegal saltándose a Lei de Costas. Pois nada xa sabedes, a meterse político que dá patente de corso.

O morro dos sindicatos

Onte viamos todos na Tv como no Concello de Xerez (Andalucía) os sindicatos tiñan un preacordo co Concello para que os funcionarios tiveran un PLUS (bendita palabra) dusn 160 euros se non lembro mal, POR ASISTIR A TRABALLAR.

A cuestión é que nese Concello os funcionarios, teñen moita jeta, e parece que faltan moito, pois a solución INTELIXENTE do Concello e dos sindicatos foi, darlles un plus para que vaian ao curre.

Eu non sei vós, pero a miña solución intelixente sería DESPEDILOS, SANCIONALOS e o resto calo porque ponme do fígado ver iso.

Alguén podería confirmar se iso mesmo pasa no Concello de Vigo??? ou nalgún máis de Galicia. E que manda carallo que se lles pague un plus por estar no traballo, ¿logo non cobran xa?

Os sindicatos deberían ter un pouco de vergoña e non admitir cousas así, están para defender aos traballadores pero non parar rirse dos cidadáns. Morro que tedes moito morro, manda carallo para vós¡¡¡.

Non teremos AVE, nin teremos paneis solares

Galicia terá que agardar a que haxa uns xogos olímpicos ou unha expo, para que fagan o AVE. Temos a experiencia previa de Zaragoza, Sevilla e Barcelona.

Queda claro que todos eses AVE son pagos políticos, e como os galegos non nos vendemos sempre somos maltratados.

Agora temos o caso da mina de Serrabal, aquí pretiño de Santiago, cerca da aldea do meu pai. Resulta que ten un dos mellores sílices do mundo para fabricar placas solares de última xeración, o que podería ser un pulo industrial para Galicia, por fin ser líderes en algo. E resulta que os políticos que temos non deben ter a ben que os galegos teñamos algo decente que lle meten polo medio a vía do AVE.

Quixera saber onde andan os actores, artistas e demáis xente da farándula que tanto saía ás rúas cando o Prestige e os incendios, e agora que estamos en crise, que nos matan á fame, e co tema do plus dos 15000 euros….. ¿onde se acochan?

Todo isto lémbrame aos canciños que ladran aos que non lle dan de comer, e aos que lle dan de comer, móvenlle o rabo. E o resto da xente traballando duramente descargando caixas ou rozando no monte.

A democracia está morta.

Últimamente estoume decatando de que a democracia española está morta. Estoume fixando que no goberno galego e tamén no nacional hai moitísimos cargos ocupados por antiguos sindicalistas. O problema está en que os gobernos últimamente en vez de debatir as leis nos parlamentos, que para iso están. O que fan é chegar a acordos con sindicatos, que non deixan de ser acordos cos amigos e non realmente cos traballadores, lévano ao parlamento xa negociado, e evidentemente non vai a haber ningún partido da oposición que diga, uiiii imos ir en contra, xa que logo irían contra o “pobo”.

¿Entón para que sirve o parlamento? Os políticos actuais corromperon o movemento democrático. Os sindicatos están para negociar temas laborais, pero últimamente adícanse a negociar temas políticos e leis en vez de condicións laborais. Posteriormente cando os dos seus colores están no poder danlles cargos políticos, e logo son eses os que volven negociar cos novos sustitutos e evidentemente sempre chegan a acordo.

¿É isto democracia? Por exemplo agora temos un conselleiro que é un recoñecido membro da UGT. Eu coido que isto no é democracia. Pactan entre eles mentras van a coñecidos restaurantes, toman unhas cuchipandas e logo rodillo no parlamento. Agardan polo ditamen oportuno do CES, pásano polo forro dos coll… méteno na carpeta para cumprir co expediente e ala tira millas, feito.

Cada día sinto máis vergoña dos nosos políticos, é necesaria unha renovación democrática, votar a novos partidos, por iso coido que Cidadáns e outros partidos son a alternativa, pois aínda non están “corrompidos” e veñen con ilusión.

Corrupción na universidade

Hai anos cando eu era un currito na USC lembro o caso de que na facultade de Medicina unhas rapazas ían entrar polo cupo de minusválidos (por problemas auditivos seica), xa que polo cupo normal de selectividade non daban entrado. Ao final non sei en que quedou o caso. As sospeitas e que as raparigas oían moi ben e que os pais tiñan bós contactos para que lles fixesen un certificado médico que non dixera toda a verdade.

Hoxe en día todos sabemos que hai moitos profesores (falo da rama sanitaria) que a pesar de ter exclusividade na docencia universitaria, teñen as súas clínicas e son considerados uns superprofesionais. Cando a realidade é que so poden exercer a docencia na universidade e atender pacientes alí que para iso están a tempo completo. E os pacientes que os atendan no hospital ou na universidade que para iso cobran.

Tamén son coñecidos os casos de profesores que dirixen masters (xa sabedes que non teñen validez legal ningunha -só sirven dentro da universidade que o dicta- agás os masters eureopeos que teñen recoñecemento legal en toda Europa). Pero que logo nos masters non explican todo o que se promete, xa que  claro, se explican o prometido van ter competencia na súa especialidade. Por poñer un exemplo imaxinade un profesor que dirixa un master de ortodoncia, se explica todo o que sabe no master, co que cobran polas ortodoncias, vai ter logo un montón de colegas que lle fagan competencia. Polo tanto … sacade conclusións.

Hai unha web moi boa sobre corrupción na universidade e que podedes visitar CORRUPTIO.COM

Seguro que todos sabedes de casos, desde profes que aproban a fillos de…. ata traballos que se publican en revistas científicas e que están feitos por 2 alumnos e logo os firman 2 profes máis, os fillos doutros profes, etc etc…. e eles sen rascala.

¿Onde imos parar?

Estes días no Faro de Vigo había unha nova ATERRADORA, o goberno galego quere que “profesionais” (por chamalos dalgunha maneira) de países non comunitarios exerzan a sanidade sen homologar o título.

De todos é sabido que en moitos países de latinoamerica podes comprar desde o carnet de conducir ata o título universitario, de feito moitos coñecemos de casos de xente que foi sacar o título de odontoloxía e outros por esas latitudes porque era moito máis “sinxelo”.

Agora os intelixentes dos nosos gobernantes queren que a xente con título (a saber como o conseguiron) exerza a sanidade cos galegos. Seguro que eles non van ser atendidos por eles, que seguro que chegado o caso irán a Navarra ou Houston. Igual que pasa cos fillos, moita educación pública e logo os mandan ás privadas de Madrid e no estranxeiro.

Antes “expulsamos” aos profesionais de aquí que teñen que traballar en Portugal, UK, etc e agora ¿témolos que importar? Sen garantías de que teñan os coñecementos profesionais que din ter. E os queren poñer a exercer a medicina sen facer homologacións, nin exames, nin nada. Vou a empezar a pensar que algún político de turno sacou algún amante de fora e o quere traer a currar, senón non se entende.

Non estou de acordo cando din que un médico do Salvador ou de Cuba é peor.  Ao mellor ata están mellor formados. Pero a formación que reciben é para os problemas sanitarios que van a atopar na súa área, que son moi diferentes dos que poden atopar aquí en Galicia. Ese tipo de comentarios en plan nós os médicos de aquí somos a repera, non son moi acertados. É certo que hai compra-venda de títulos, pero a xente que obtén o título legalmente, pola experiencia persoal que teño (e familiar) está MOITO mellor formada que xente de aquí. Lembro un comentario que lle fixo un profesor da facultade aquí en SAntiago lle fixo a miña moza, que é latinoamericana e profesional da sanidade, dicíndolle bueno estos productos no los conoceréis allá en la selva. Cando ela levaba usando alá “na selva” uns máis modernos desde hai anos e que logo meses despois chegaron aquí. Non debemos esquecer que moitos deses países que consideramos tercermundistas, moitos dos seus profesionais están formados en USA e nas mellores universidades do mundo.

Non, non é contradictorio co que penso, SI hai moi bós profesionais de fora, incluso mellores que os de aquí (igual que os hai peores), e de feito suelen estudiar por vocación e non pola pasta ou por ser fillos de… como aquí. Pero tamén é certo que hai moitos que “compran” os títulos. Por iso temos que garantir a nosa saúde, e non actúar á lixeira.

¿Estes son os políticos que queremos para dirixir o noso país? EU DIGO NON.

Votade a CIDADANS, hai alternativas, os do “tripartito” xa están moi vistos e con ideas como esta, está visto que non teñen respeto polos cidadáns deste país.

100 peticionarios só 76 aceptados

Según nota da Xunta, de onte, 100 “persoas” pediron o plus, e llo denegaron a 24, ou sexa 76 están a chupar do pobo. Supoño que hai que ter uns collóns moi grandes para pedir esas axudas, e unha falta de ética e respeto ao pobo de aquí a mañán. Gustaríame saber de que partido son todos eses, agora que vai a haber eleccións….

Segundo o Conselleiro uns 400 poderían pedir ditas axudas, pero segundo outras fontes poden ser 4000.

O dito teñen unha cara que ….

Canon nos cds, dvds, etc

A nosa amada esquerda votou a favor de que uns cantos cobren un canon, ou sexa, unha especie de imposto revolucionario para que cobren 3 ou 4. Por exemplo nun dvd que antes se vendía a 20 centimos agora véndese a 90-100 porque supoñen que ese dvd vaise usar para piratear.

Hai uns cálculos feitos por aí que din que unha familia media paga uns 350 euros ao ano de canon. 350 euros que lle viñan moi ben para pagar os recibos da auga ou da luz por exemplo.

Os partidos da esquerda votaron a favor dese canon, en vez de votar por establecer medidas contra a piratería. Os que non pirateamos non temos porque pagar un canon abusivo e que se nos criminalice. Ese canon ten como premisa que nos cobran porque supostamente imos piratear.

Con ese razoamento o PSOE na próxima lexislatura sacará 2 impostos novos, o primeiro será para todos aqueles que saquen o carnet de conducir, terán que pagar de canon 500 euros, en vez de multalos cando cometan unha infracción. E o segundo será un canon por nacimento, cada neno que naza terá que pagar 5000 euros non vaia ser que de maior cometa un delito.

Next Page »