Política educativa

Desde hai unhas décadas é impoliticamente correcto dicir que hai que darlle caña aos rapaces na escola, estase a aplicar unha política de “vida fácil na escola”, non vaia ser que se traumaticen, e o único que conseguimos  é que fracasen cando chegan á vida real. Hai unha serie de regras que se esquecen de ensinarlle aos rapaces nos colexios e algúns tamén (polo medo a que se traumaticen e así nos vai…)

  1. A vida non é fácil, vaite acostumbrando
  2. Cando saias da escola ou da uni, non vas ser xefe nin vas gañar 2000 euros/mes, así que o coche e o móbil teralo que currar ti.
  3. Se pensas que os profes son uns cabróns, agarda a ter xefe, non será tan boíño nin tan light contigo.
  4. Recoller chatarra ou  ser barrendeiro non é selo último, a iso chámase ter unha oportunidade, lémbrao.
  5. Cando te equivoques non lle botes a culpa aos demáis, nin chores, aprende do teu erro.
  6. Está moi ben que queiras salvar o planeta, e loites polo ecoloxía, pero primeiro limpa a túa habitación coño¡¡¡
  7. No cole agora sodes todos iguais (claro non vaiades traumatizarvos), pero na vida real non é así. No cole axúdanvos a aprobar, non repetides curso e vos tratan xenial. ¿Pensas que a vida é así? Pois estás errado, o que se equivoca paga os seus erros. No colexio teñente que formar para a vida, non para os mundo de yupi. No chollo despediriante.
  8. A vida non está dividida en avaliacións, nin semestres, con 3 meses de vacacións de verano, de semana santa, navidade, etc etc….nin terás profes que che axuden a superarte e todas esas trapalladas, vai pensando que todos eses “extras” faralos no teu tempo libre.
  9. A TV non é real, as series onde os alumnos ligan cos profes, teñen pubs, e van de discotecas, e follan.  Na vida real as persoas traballan.
  10. Non putees aos “chapóns” pensa que eles crecerán coma ti, e seguramente o día de mañán serán os teus xefes, xa verás logo o ben que senta que te puteen.

Todo isto é o que non che ensinan no colexio, todo isto é o que non lembran os psicólogos de despacho, nin os pedagogos, que viven non mundos de yupi. Esta é a realidade que se lle oculta aos nosos nenos.

Os 3 poderes

Seica temos 3 poderes: xudicial, executivo e lexislativo, e que son independentes, e niso supostamente está baseada a democracia….. EU DIGO QUE É FALSO, e a ver cando se enteran os políticos de que non poden meter a nariz onde non lles chaman.
Xunto un video interesante

Os informáticos estamos de loito

O goberno actual di que as enxeñerías informáticas non sirven para nada.

Os informáticos NON SOMOS…..



TODOS Á FOLGA¡¡¡

Os Concellos queren máis e máis….

Este rapaz moita razón ten, deberíamos metelo a protestón oficial….

Outro par de verdades: 2 modelos diferentes.

Despois din que non minten os políticos. Non sei, creo que a ministra non lle chama mitin a iso, chámalle charla educativa a nenos de 15-16 anos

Podemos logo confiar nesta ministra??? EU DIGO NON.

Ministros así??? Mellor non.

Esta é a ministra que gracias aos votos dalgúns todavía non dimitiu.

Opinade vós mesmos.

Eu mellor non digo máis, dame vergoña allea

Eu tamén quero ser mestre

Eu teña unha irmá mestra, e aparte de gañar máis ca min, traballa menos horas ca min. Todo é máis para ela, ata ten máis vacacións, iso si, tamén ten máis stress. Non sei de que, pero ten máis stress.

Cando eu estudiaba na Universidade da Coruña, os meus profes tamén sufrían de stress, tanto era así, que nunca atopabas a ningún nas horas de titoría, e pasado o exame final, tampouco atopabas a ningún ata setembro. ¿Alguén lles controla os horarios? Está ben que teñan libertade de cátedra (riome dela), pero libertade horaria????

Non sei, o meu colega de SIN ACCESORIOS, bótame unha man co tema…

O problema é que a min gústame ensinar, pero non como se fai actualmente, en plan tonto o que traballe, e listo o que máis tempo está de baixa, e vive a vida. Por iso non me meto a profe.
Disculpen señores profesores, pero a ver cando fan folga de ter só 30 días de vacacións ao ano como o resto de curritos deste país.

Crise e subvencións

Aí tedes un par de vídeos interesantes

Parte I

Parte II

Moito político, moita lei ¿para qué?

Hoxe atopamos estes videos en YouTube sobre Pepiño Blanco, 1 sobre VillaPsoe e o outro….mirade vós mesmos.

Villa PSOE

Pepiño corre moito

Pepiño vas ter que andar con máis tino que hoxe todo dios ten cámaras e logo pasa o que pasa.

Pepe Blanco podería ter un chalet construido de xeito ilegal.

Segundo nova aparecida en El Correo Gallego, o super coñecido Pepe Blanco tería un chalet feito de xeito ilegal na Illa de Arousa.

Se é certo iso, pois menudo exemplo. Para quen non o saiba Pepiño Blanco é o famoso político do PSOE que non tendo estudios superiores está aí de manda máis. Para que logo digan que estudiar server para algo. Basta con saber contar mentiras piadosas.

Segundo a asociación Cafines o chalet de Pepe Blanco está construido de xeito ilegal saltándose a Lei de Costas. Pois nada xa sabedes, a meterse político que dá patente de corso.

« Página anteriorPágina siguiente »