enero 14, 2008
Sobre min
Voume presentar, xa que algúns din que hai forzas ocultas e políticas e partidarias detrás desta web, o meu nome é Luis Manuel Villaverde Gómez, e son dono desta web desde o 2 -Dec-2002 12.56.10 UTC, antes de que existira a famosa Plataforma. Estiven afiliado a CIDADÁNS, pero ante o “oportunismo” de moitos que buscaban un ascenso rápido no mundo a través da política, largueime rapidiño. De tódolos xeitos páreceme o seu ideario bastante aceptable.
Non teño que ver ca Plataforma, nin quero, pois como teño dito con anterioridade, onde hai partidos e sindicatos, non hai persoas, senón ideas partidarias. De feito a web da Plataforma estivo rexistrada a nome dun partido político (agora ten a dirección dunha asociación ecoloxista).
Creo que con isto queda aclarada a miña postura. Aínda que quizáis teña que comer as miñas propias palabras pois o partido dos Cidadáns trata de ser un partido de persoas.
Recentemente, fin do 2008, sindiqueime na CIG.