Lei 30/92, artigo 35 f…. é de coña

Ley 30/92, Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común.

artículo 35 f) Los ciudadanos tenemos derecho:

A no presentar documentos no exigidos por las normas aplicables al procedimiento de que se trate, o que ya se encuentren en poder de la Administración actuante.

Como todos saberedes isto é un chiste, cando vas á universidade ou á Xunta, non che queda máis collóns que volver a presentar todo o papeleo que xa teñen eles. Por exemplo presentaste a unha oposición na universidade onde sacaches o título, pois tes que presentar o título novamente.

Por exemplo outra incongruencia, preséntaste a unha praza de odontólogo, pídenche estar colexiado e presentar o título. Digo eu, se estás colexiado é que xa tes título, polo tanto con presentar soamente a colexiatura sería suficiente. Para que liala con tantos papeis.

Por certo eu varias veces quixen facer efectivo o famoso artigo 35f, e a resposta do funcionario sempre foi, bueno alá ti, poñeremos que falta documentación e ti verás… Nós non nos imos poñer a buscala. En definitiva a idea é, ou traes os papeis ou estás jodido, e se quere algo denuncia no xulgado que pasarán un par de anos, e o jodido eres ti que pasou o día pasou a romería.

Ou cando presentas un expediente de algo nun concello, e logo resulta que o expediente caduca, pois os papeliños que entregaches xa, seica non sirven, tes que conseguir outros de novo… que poñen o mesmo.

A excusa que usan agora é a lei de protección de datos, para non buscalos. Tanta informática e total para que, se non sirve para nada. Que no concello teñan dixitalizado o meu dni non é un delito, así non tería que fotocopialo mil veces cada vez que teño que facer algo alí, ou na xunta ou na universidade.

Estou pensando na xente que fixo papeis de estranxeiría, entendo que lles pidan certificados de penais de cada vez porque entre procesos puideron cometer delitos. Pero que lles pidan fotocopias do NIE, cando son eles mesmos quen os expiden, co número que aparece no formulario xa é suficiente machiños. Ou para renovar que che esixan presentar de novo a titulación universitaria, que xa figura no teu expediente, etc etc….

Se nos poñemos a buscar, vemos que o artigo 35f da lei 30/92 é un puto cachondeo…

No comments yet. Be the first.

Leave a reply

You must be logged in to post a comment.