Querella por permitir dobre actividade a médicos do Sergas

Podedes ler máis sobre isto no xornal ELPAIS.COM

A cuestión é que eu mesmo fixen unha queixa por escrito co meu DNI na web do Sergas hai tempo, supoño que iso terá algún rexistro de entrada por algures, e facer non fixeron nada. Non é normal que atopes a médicos nos cadros de clínicas privadas (que atenden derivacións do sergas) e que á súa vez están nos hospitais públicos. Son moi bós profesionais a maioría deles, pero cunha carga de traballo así non poden rendir como ten que ser.

O mesmo debería pasar con profesores universitarios. Hai pouco en EL CORREO GALLEGO, viña unha “reportaxe”, porque de artigo non tiña nada, sobre certo profesor de odontoloxía que seica é a repera, catedrático da materia na USC. E buscando resulta que ten, non unha, senón varias clínicas súas por Galicia, debe ser moi bó empresario. Pero unha cousa é ser empresario que o pode ser, e outra que sendo catedrático supoño que terá unha exclusividade, e polo tanto éticamente non podería aparecer no cadro médico de ditas clínicas. Polo que seguramente se atende ás súas clínicas non atenderá debidamente aos seus alumnos, nin aos pacientes que debese atender alí no hospital universitario ou na facultade.

Supoño que será moito máis ético que unha persoa así, atenda pacientes na facultade de xeito máis ou menos gratuito, e que forme grandes profesionais, a que use o bó nome da entidade educativa para o seu lucro persoal. Ademáis seica inventou unha serie de aparellos, que non sei eu…. ¿sería no tempo de traballo e cos medios públicos, a patente debería ser pública non? Non para ingresos privados. Non sei como é a lei, pero a ética, a moral e a conciencia dinme que se descubro algo no meu traballo PUBLICO debo cedelo ao PUBLICO…

No comments yet. Be the first.

Leave a reply

You must be logged in to post a comment.