diciembre 15, 2008
Política educativa
Desde hai unhas décadas é impoliticamente correcto dicir que hai que darlle caña aos rapaces na escola, estase a aplicar unha política de “vida fácil na escola”, non vaia ser que se traumaticen, e o único que conseguimos é que fracasen cando chegan á vida real. Hai unha serie de regras que se esquecen de ensinarlle aos rapaces nos colexios e algúns tamén (polo medo a que se traumaticen e así nos vai…)
- A vida non é fácil, vaite acostumbrando
- Cando saias da escola ou da uni, non vas ser xefe nin vas gañar 2000 euros/mes, así que o coche e o móbil teralo que currar ti.
- Se pensas que os profes son uns cabróns, agarda a ter xefe, non será tan boíño nin tan light contigo.
- Recoller chatarra ou ser barrendeiro non é selo último, a iso chámase ter unha oportunidade, lémbrao.
- Cando te equivoques non lle botes a culpa aos demáis, nin chores, aprende do teu erro.
- Está moi ben que queiras salvar o planeta, e loites polo ecoloxía, pero primeiro limpa a túa habitación coño¡¡¡
- No cole agora sodes todos iguais (claro non vaiades traumatizarvos), pero na vida real non é así. No cole axúdanvos a aprobar, non repetides curso e vos tratan xenial. ¿Pensas que a vida é así? Pois estás errado, o que se equivoca paga os seus erros. No colexio teñente que formar para a vida, non para os mundo de yupi. No chollo despediriante.
- A vida non está dividida en avaliacións, nin semestres, con 3 meses de vacacións de verano, de semana santa, navidade, etc etc….nin terás profes que che axuden a superarte e todas esas trapalladas, vai pensando que todos eses “extras” faralos no teu tempo libre.
- A TV non é real, as series onde os alumnos ligan cos profes, teñen pubs, e van de discotecas, e follan. Na vida real as persoas traballan.
- Non putees aos “chapóns” pensa que eles crecerán coma ti, e seguramente o día de mañán serán os teus xefes, xa verás logo o ben que senta que te puteen.
Todo isto é o que non che ensinan no colexio, todo isto é o que non lembran os psicólogos de despacho, nin os pedagogos, que viven non mundos de yupi. Esta é a realidade que se lle oculta aos nosos nenos.