Lembrando os tempos pasados

Lembro cando eu era un cativo alá na aldea, cando había eleccións, había unha serie de xente que se adicaba a levar nos seus coches e furgonetas aos vellos aos mitins e o día de votar a levalos ás mesas electorais. Cousa que non me parece mal sempre e cando as persoas vaian de boa vontade.

O curioso é que hoxe leo en LA VOZ DE GALICIA, que no mitin de onte de OIA do BNG os vellos que foron alí, ían enganados. Seica compraran un billete para ir de excursión a Portugal e acabaron nun mitin do BNG.

Visto isto, e tódalas festas-jolgorrio que fai QUIN, non entendo nadiña de nada. Antes moito criticar a Fraga por facer iso, e agora resulta que agora el fai o mesmo, pero se o fai el  está ben feito. Calquer día vexo a QUIN afiliado no PP, ou refundando Alianza Popular.