Cambio climático: quecemento ou glaciación

Sobre o quecemento xa vimos moito na TV pero ¿que hai dos que din que realmente estamos iniciando unha miniglaciación?

Desvergonza do Goberno, pagaremos canon pola ADSL

O borrador do novo proxecto de Lei de Propiedade Intelectual así o di. Se tes unha liña ADSL sexa para o que sexa, considerarán que te adicas a descargar productos que perxudican á SGAE, e polo tanto terás que pagar. Co sinxelo que sería que cobrasen por descarga, que é moi sinxelo de implementar, pero recaudarían menos cartos… hai que pagar favores.

Eu na miña emprsa que facemos uso LEGAL do ADSL terei que pagar aos ….. da SGAE por algo que non merecen ¡¡¡manda carallo¡¡¡ Viva o PSOE e a intelixencia que teñen, manda collóns¡¡¡. Xa sabes 35 euros de canon pola ADSL de 1 Mb e ..¿se tes 20mb?…

A partir do 2009 cando o aproben teremos que pagar

– Un ordenador con 160 GB de disco duro (22€ de canon)

– Unha regrabadora de DVD’s de ordenador (16,67€ de canon)

– Unha impresora multifunción (10€ de canon)

– Unha cámara de fotos con memoria para 200 fotos (9€ de canon)

  • Un reproductor de DVD de salón (6,61€ de canon)
  • Un equipo de música de salón (0,60€ de canon)
  • Unha línea ADSL 1 MB (35€ de canon anuales)
  • 200 cd’s virxes para grabar diversos datos (50€ de canon)
  • 100 dvd’s virxes para grabar diversos datos (140€ de canon)

Para que imos traballar, sae mellor meterse artista….cobran por tocarse os collóns ou afiliarse no PSOE. Viva a revolución cultural¡¡¡

Política educativa

Desde hai unhas décadas é impoliticamente correcto dicir que hai que darlle caña aos rapaces na escola, estase a aplicar unha política de “vida fácil na escola”, non vaia ser que se traumaticen, e o único que conseguimos  é que fracasen cando chegan á vida real. Hai unha serie de regras que se esquecen de ensinarlle aos rapaces nos colexios e algúns tamén (polo medo a que se traumaticen e así nos vai…)

  1. A vida non é fácil, vaite acostumbrando
  2. Cando saias da escola ou da uni, non vas ser xefe nin vas gañar 2000 euros/mes, así que o coche e o móbil teralo que currar ti.
  3. Se pensas que os profes son uns cabróns, agarda a ter xefe, non será tan boíño nin tan light contigo.
  4. Recoller chatarra ou  ser barrendeiro non é selo último, a iso chámase ter unha oportunidade, lémbrao.
  5. Cando te equivoques non lle botes a culpa aos demáis, nin chores, aprende do teu erro.
  6. Está moi ben que queiras salvar o planeta, e loites polo ecoloxía, pero primeiro limpa a túa habitación coño¡¡¡
  7. No cole agora sodes todos iguais (claro non vaiades traumatizarvos), pero na vida real non é así. No cole axúdanvos a aprobar, non repetides curso e vos tratan xenial. ¿Pensas que a vida é así? Pois estás errado, o que se equivoca paga os seus erros. No colexio teñente que formar para a vida, non para os mundo de yupi. No chollo despediriante.
  8. A vida non está dividida en avaliacións, nin semestres, con 3 meses de vacacións de verano, de semana santa, navidade, etc etc….nin terás profes que che axuden a superarte e todas esas trapalladas, vai pensando que todos eses “extras” faralos no teu tempo libre.
  9. A TV non é real, as series onde os alumnos ligan cos profes, teñen pubs, e van de discotecas, e follan.  Na vida real as persoas traballan.
  10. Non putees aos “chapóns” pensa que eles crecerán coma ti, e seguramente o día de mañán serán os teus xefes, xa verás logo o ben que senta que te puteen.

Todo isto é o que non che ensinan no colexio, todo isto é o que non lembran os psicólogos de despacho, nin os pedagogos, que viven non mundos de yupi. Esta é a realidade que se lle oculta aos nosos nenos.

Os 3 poderes

Seica temos 3 poderes: xudicial, executivo e lexislativo, e que son independentes, e niso supostamente está baseada a democracia….. EU DIGO QUE É FALSO, e a ver cando se enteran os políticos de que non poden meter a nariz onde non lles chaman.
Xunto un video interesante