100 peticionarios só 76 aceptados

Según nota da Xunta, de onte, 100 “persoas” pediron o plus, e llo denegaron a 24, ou sexa 76 están a chupar do pobo. Supoño que hai que ter uns collóns moi grandes para pedir esas axudas, e unha falta de ética e respeto ao pobo de aquí a mañán. Gustaríame saber de que partido son todos eses, agora que vai a haber eleccións….

Segundo o Conselleiro uns 400 poderían pedir ditas axudas, pero segundo outras fontes poden ser 4000.

O dito teñen unha cara que ….

Canon nos cds, dvds, etc

A nosa amada esquerda votou a favor de que uns cantos cobren un canon, ou sexa, unha especie de imposto revolucionario para que cobren 3 ou 4. Por exemplo nun dvd que antes se vendía a 20 centimos agora véndese a 90-100 porque supoñen que ese dvd vaise usar para piratear.

Hai uns cálculos feitos por aí que din que unha familia media paga uns 350 euros ao ano de canon. 350 euros que lle viñan moi ben para pagar os recibos da auga ou da luz por exemplo.

Os partidos da esquerda votaron a favor dese canon, en vez de votar por establecer medidas contra a piratería. Os que non pirateamos non temos porque pagar un canon abusivo e que se nos criminalice. Ese canon ten como premisa que nos cobran porque supostamente imos piratear.

Con ese razoamento o PSOE na próxima lexislatura sacará 2 impostos novos, o primeiro será para todos aqueles que saquen o carnet de conducir, terán que pagar de canon 500 euros, en vez de multalos cando cometan unha infracción. E o segundo será un canon por nacimento, cada neno que naza terá que pagar 5000 euros non vaia ser que de maior cometa un delito.

¿Os políticos minten sobre o plus dos altos cargos?

¿Quen minte o Conseleiro da Presidencia ou LA VOZ DE GALICIA?
Según o Conselleiro NOS MINTIMOS e según as súas verbas só vai supoñer un incremento de 3000 euros, según podemos ver nunha entrevista a la Voz de Galicia, pero según os cálculos da Voz de Galicia de 3000 nada de nada. A ver señor Conselleiro ¿quen está a mintir?

 

De tódolos xeitos REPITO POR ACTIVA E PASIVA, son vostedes uns INMORAIS. Expliquenlle a calquer traballador que cando deixe a empresa vai seguir cobrando un PLUS polos servizos prestados ata que se xubile ¿onde se viu iso? Creo que vostedes teñen MOITA CARA. E de moral pouca moi pouca, e de ética xa non digamos, ahhh¡¡¡¡ xa sei, vostedes faltan á verdade, non minten, que é diferente, manda carallo¡¡¡¡¡¡

 

Sego a recomendarvos que se estades afiliados ao “tripartito”, vos deades de baixa indicando claramente que o facedes polo PLUS.
Porque, lembrade, os 3, o BNG, PP e PSdeG votaron a favor deste roubo ao pobo.
“As cousas pénsanse antes” (Touriño). Pois a ver se é certo¡¡¡¡¡¡¡

 

ESTAMOS BEN JODIDOS
O Valedor do Pobo según nova aparecida hoxe en La Voz de Galicia, non ve problemas no famoso PLUS.
O problema que hai, e que parece que nos queren facer gilipollas a todos, non está na legalidade ou ilegalidade do acto en sí,
pois a todas vistas é legal pois xa existe desde hai 10 anos.
O que todos temos claro é que NON É ÉTICO. E ESTANNOS INSULTANDO Á CARA.
O que queda claro e que éticamente é un insulto aos cidadáns e os políticos están a demostrar o que son.
E o que son hai ducias de palabras para dicilo. Isto é unha gran putada.
O GRAN ROUBO¡¡¡¡¡¡

 

Mentres en cardioloxía do CHUS non tiñan onte nin gasas, nin guantes, nin xeringuillas na consulta, si hai cartos para o PLUS.

 

¿SEÑORES QUE PODEMOS FACER?
Admitimos propostas NON VIOLENTAS para ser publicadas nesta web.
Eu fago a primeira: os que esteades afiliados a partidos e sindicatos darvos de baixa.
Se tedes amigos moi do partido (de calquera do tripartito) facédelle saber deste roubo legal.
Se ides a inauguracións, mitins, etc…… abucheade aos políticos, gritadelle ¡¡PEDIDE PERDON, NON AO PLUS¡¡¡
ou cousas semellantes, non podemos permitir algo así. Sempre sen violencia, e se logrades falar con algún, a ver
se ten os collóns suficientes para argumentar que é ETICO dito plus, porque non saberá, nin poderá.
Un violador non pode xustificar moralmente os seus actos, e isto é unha violación ao pobo galego.

Plus altos cargos, firma contra el

Na Voz de Galicia do 20 de setembro de 2007, na páxina 8 indican que XA HAI 4000 funcionarios con dereito a o famoso plus, e que ademáis ao ser un dereito aquirido, xa non se lles pode quitar. Ou sexa que unha pasta polo morro, iso si LEGALIZADA. Imaxinade poderiamos ter 4000 persoas coidando persoas maiores con eses 15000€ que é o que cobra un traballador normal. Señores políticos publiquen listados cos que cobran ese plus, con nome completo, foto, cargo que ocuparon e posto que teñen agora e o partido ao que pertenecían, QUEREMOS SABER, e tamén outro listado dos que teñen ETICA e renuncian a el, ou que cobrando dito PLUS o ceden voluntariamente a unha ONG ou semellante (¿haberá algún?). E logo di Touriño que facemos demagoxia e andamos con cortinas de fume, ¿non serás ti o que o fai? Cada día o vemos máis claro TODOS A CHUPAR¡¡¡¡

Así que, CIDADÁNS que estades afiliados a partidos e sindicatos que están a favor dos 15000€, dádevos de baixa que chupen doutros. O resto seguide pasando a voz, temos que dar exemplo e demostrarlles que non nos poden tomar o pelo.
Se vós parece vou iniciar cando acabemos con isto, outra iniciativa popular que é a de que os salarios de concelleiros e alcaldes do noso país sexa regulado por lei e cun salario fixo en función da poboación do concello entre outros parámetros, e non un salario posto o primeiro día de pleno e que o poñen según lles pete. Alcaldes e concelleiros de moitos pobos de Galicia cobran como auténticos magnates. Un entra na política para servir ao pobo a cambio dun salario DIGNO pero non para lucrarse como están a demostrar moitos políticos aprobando soldos bestiais. Se vós tedes datos dos soldos oficiais de concelleiros e alcaldes dos vosos pobos, por favor mandádemos para ir recopilando e logo publicalos.

Ditame sobre o anteproxecto de Lei de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (fonte CES-GALICIA) é importante ler dito ditame pois lles tira das orellas a certas propostas que son claramente unha coladera para meter xente a dedo, ou iso parece.

Artigo do filósofo Francisco Martínez Bouzas , recomendo que o leades antes de asinar, e así entenderedes algo máis do que significa xustiza e igualdade.

Total firmas

ASINA AQUÍ
XA FUNCIONANDO¡¡¡¡

 

Enlaces sobre o plus dos altos cargos

Alá polo mes de xullo xa LA VOZ DE GALICIA advertía deste tema. Gracias a Manuel X. Lemos por facilitarme os links

NOVOS LINKS

O famoso plus dos altos cargos.

Nas anteriores eleccións, os que aínda gobernaban (PP) trataron de sacar por decreto un “algo”, chamémoslle así, para que os altos cargos tiveran un “soldo” polos servicios prestados na Administración. Como ben sabemos todos, os do PSdeG-BNG os puxeron a parir, cousa que vexo normal. Pero resulta que agora eses mesmos que os puxeron a parir aproban algo semellante, e os do PP tampouco din que non. Aproban un “plus” para os funcionarios que estén máis de 2 anos exercendo de altos cargos ou alcaldes, e, que disque é duns 15000 euros anuais ata que se xubilen, ademáis do salario que perciban xa polo seu posto de funcionario, todo isto é para cando deixen o “goberno” e volvan ao seu posto, así que digamos que terán 2 SALARIOS.
Para que nós entendamos van cobran 15000 euros polo morro de por vida, porque poden estar currando ata os 70, e polo que sei, eses 15000 tamén lles cotizan para a Seguridade Social, ou sexa que ademáis terán unha boa paga. ¿É ou non é indignante? E por iso montei todo este rebumbio.Hai un artigo, teñen máis, en EL CORREO GALLEGO que explica con máis detalle o que queren facer.
O peor de todo é que algúns políticos din que iso mola e que está ben, que xa existe desde hai 10 anos e que isto é unha simple regularización, e que xa hai unha lei a nivel de España. Ou sexa tratan de xustificar o inxustificable. Demostran unha intelixencia que vaia por dios. Usando o seu mesmo razoamento podíamos dicir que como noutros países apalear mulleres está permitido, pois fagámolo. OU mellor aínda, eu lles propoño, xa que lles gusta iso de “é que en tal sitio xa se fai, pois fagámolo nós”, pois señores políticos, en JAPON cando un político fai algo MALO, suicídase e antes pide disculpas polas súas gamberradas, pois TOMEN NOTA¡¡¡¡

Felicitar a Dª Encarna Otero por ter os OVARIOS de dicir que non lle parece ben isto, demostrando que é unha persoa INTEGRA, e con ÉTICA.
Encarna, por favor, volve a opinar, sen medo, volve a demostrar o que vales. Que non che tapen a boca ¿estamos en democracia non?

É moi curioso todo este proceso porque, esta Lei foi enviada a ditame ao CES-Galicia o ano pasado polo trámite de urxencia, tiña tanta tanta urxencia, que tardaron un ano en aprobala ¿curioso non? E polo que leo no PDF do ditame do CES, nese envío ao CES non estaban incluidos eses 15000 euros. ¿sería que tiñan medo a que os criticasen por iso? Tamén é curioso que o saquen en pleno agosto, ca Volta Ciclista e sacando outras novas polo medio, como querendo tapar o asunto para que os cidadáns non se enteren, excelente gabinete de comunicación que teñen, pois a maioría dos cidadáns non saben que existe esta nova lei da Función Pública de Galicia.

En definitva desde aquí eu, e todos os que o desexen…
pedimos a inmediata ANULACION desa LEI e a petición pública de disculpas por partes dos nosos políticos.
Se pensas coma nós usa este lazo… correde a voz, isto é unha vergoña, non ten que ver con partidos, nin con ideais,
SON OS NOSOS CARTOS, que demostren que teñen algo de ética.

Non son actor famoso, nin sindicalista, nin político, nin teño amigotes, nin os cartos para sacar notas de prensa, nin para que me presten salas de prensa en San Caetano (tampouco as aceptaría); así que agardo que corrades a voz. Isto é o bó que ten internet, é un poder democrático e danos voz e voto aos que non somos nada. Para los que no sean de Galicia: parece que todo esto está basado en una ley a nivel estatal, por lo que podría estar ocurriendo en vuestras Comunidades, enteraos y luchad también contra esta injusticia que demuestra una vez más que los políticos van a lo suyo y lo poco que les importa el pueblo.

Comenzamos o 2008

Nos próximos días este blog irá enchéndose de novidades e información que xa todos coñecedes.

Imos poñer aos políticos no seu sitio e lembrarlles para que están e quen son. Están POR NÓS E PARA NÓS. Non están para  enriquecerse nin para conseguir bos postos.  Están PARA ESCOITAR AO POBO. Aínda que parece que moitos están moi xordos.