Demanda de Pablo Soto

E todavía seguen co tema

Desvergonza do Goberno, pagaremos canon pola ADSL

O borrador do novo proxecto de Lei de Propiedade Intelectual así o di. Se tes unha liña ADSL sexa para o que sexa, considerarán que te adicas a descargar productos que perxudican á SGAE, e polo tanto terás que pagar. Co sinxelo que sería que cobrasen por descarga, que é moi sinxelo de implementar, pero recaudarían menos cartos… hai que pagar favores.

Eu na miña emprsa que facemos uso LEGAL do ADSL terei que pagar aos ….. da SGAE por algo que non merecen ¡¡¡manda carallo¡¡¡ Viva o PSOE e a intelixencia que teñen, manda collóns¡¡¡. Xa sabes 35 euros de canon pola ADSL de 1 Mb e ..¿se tes 20mb?…

A partir do 2009 cando o aproben teremos que pagar

– Un ordenador con 160 GB de disco duro (22€ de canon)

– Unha regrabadora de DVD’s de ordenador (16,67€ de canon)

– Unha impresora multifunción (10€ de canon)

– Unha cámara de fotos con memoria para 200 fotos (9€ de canon)

  • Un reproductor de DVD de salón (6,61€ de canon)
  • Un equipo de música de salón (0,60€ de canon)
  • Unha línea ADSL 1 MB (35€ de canon anuales)
  • 200 cd’s virxes para grabar diversos datos (50€ de canon)
  • 100 dvd’s virxes para grabar diversos datos (140€ de canon)

Para que imos traballar, sae mellor meterse artista….cobran por tocarse os collóns ou afiliarse no PSOE. Viva a revolución cultural¡¡¡

Canon nos cds, dvds, etc

A nosa amada esquerda votou a favor de que uns cantos cobren un canon, ou sexa, unha especie de imposto revolucionario para que cobren 3 ou 4. Por exemplo nun dvd que antes se vendía a 20 centimos agora véndese a 90-100 porque supoñen que ese dvd vaise usar para piratear.

Hai uns cálculos feitos por aí que din que unha familia media paga uns 350 euros ao ano de canon. 350 euros que lle viñan moi ben para pagar os recibos da auga ou da luz por exemplo.

Os partidos da esquerda votaron a favor dese canon, en vez de votar por establecer medidas contra a piratería. Os que non pirateamos non temos porque pagar un canon abusivo e que se nos criminalice. Ese canon ten como premisa que nos cobran porque supostamente imos piratear.

Con ese razoamento o PSOE na próxima lexislatura sacará 2 impostos novos, o primeiro será para todos aqueles que saquen o carnet de conducir, terán que pagar de canon 500 euros, en vez de multalos cando cometan unha infracción. E o segundo será un canon por nacimento, cada neno que naza terá que pagar 5000 euros non vaia ser que de maior cometa un delito.